TEÑO SOÑOS ELÉCTRICOS

Sinopse

Un drama dirixido pola costarricense Valentina Maurel e que gañou o Premio Horizontes á Mellor Película Latinoamericana no pasado Festival de San Sebastián. O filme é unha coprodución a tres bandas entre Costa Rica, Francia e Bélxica.

Sinopse: Eva non aguanta o feito de que a súa nai queira reformar a casa e desfacerse do gato, que, desorientado dende a separación dos seus pais, ouríñase en todos os lados. Quere marchar e vivir co seu pai que está a vivir unha segunda adolescencia. Eva ségueo mentres tenta reconectarse co seu desexo de converterse nunha artista e de volver a atopar o amor. Pero, como alguén que cruza un océano de adultos sen saber nadar, Eva tamén descubrirá a rabia que a devora e que herdou del sen sabelo.

 

Video & Foto

1 fotos

Carteleira

Mercar entradas
  • 20h30