OS NENOS ESTÁN BEN

Sinopse

Unha tarde de verán Suzanne aparece sen avisar na casa da súa irmá Jeanne acompañada polos seus fillos pequenos. O encontro resulta desconcertante porque levan tempo sen verse e porque desde o primeiro momento Jeanne ve á Suzanne distante, parece ausente. A mañá seguinte, Jeanne queda abraiada cando descubre que a irmá marchou soa e deixando unha nota como única explicación. A incredulidade pronto dá paso a angustia e rabia: na xendarmería comunícanlle que non poden iniciar a busca, pois Suzanne foise por vontade propia.

Este filme obtivo o premio Mellor Dirección e o Premio FIPRESCI no Festival de Karlovy Vary 2025 así como o Premio do público no Festival de Málaga 2026 .

Video & Foto

1 fotos

Carteleira