O MAL NON EXISTE

Sinopse

Takumi e a súa filla, Hana, viven nun pobo próximo a Tokio. A súa vida verase profundamente afectada cando descobren que preto da súa casa van construír un “glamping”, glamouroso cámping para que os habitantes da cidade fagan escapadas cómodas á natureza. Cando dous representantes dunha empresa de Tokio chegan ao pobo para manter unha reunión, queda claro que este terá un impacto negativo na subministración de auga local e provocará problemas. As intencións da axencia poñen en perigo tanto o equilibrio ecolóxico da meseta como a súa forma de vida, con consecuencias que afectan profundamente a vida de Takumi.

Drama de tinguiduras ecolóxicas que reflexiona sobre a relación destrutiva do ser humano e o entorno natural que nos rodea.

Video & Foto

1 fotos

Carteleira

Mercar entradas
  • 20h15
Mercar entradas
  • 18h00
Mercar entradas
  • 20h00
Mercar entradas
  • 20h00