+CUÑADOS

Sinopse

Esta nova aventura dos cuñados arrinca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do acontecido uns días antes … Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas preferidas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do motín que caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia. A aparición en Ourense de Andreia Nunes, a parella do portugués detido, buscando vinganza, complicará as cousas para os cuñados, implicándoos nun novo enredo que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

Video & Foto

1 fotos

Carteleira

Mercar entradas
  • 20h15
Mercar entradas
  • 18h00
Mercar entradas
  • 20h15
Mercar entradas
  • 20h00