RAÍÑA NAI
NRM 12
01 horas 33 minutos
- Sofiane Zermani, Rim Monfort, Damien Bonnard, Camélia Jordana
- Manele Labidi
- Drama, Familia, Años 90, inmigración
- 21/11/2025
- VOSE, VE
Sinopse
Amel e Amor, orixinarios de Tunisia e Alxeria respectivamente, quérense pero rifan continuamente. Deixaron os seus países e formaron unha familia en Francia. Ela sente nostalxia mentres que el pensa, con certa dose de auto engano, que son moi afortunados por poder criar as fillas nun pobo tranquilo e levalas á mellor escola da zona. Pero todo pode cambiar, pois non lles van renovar o contrato de aluguer e terán que mudarse a unha vivenda social lonxe da escola. A filla maior afronta a situación, que percibe ameazante, cunha especie de amizade imaxinaria cun personaxe lendario da historia francesa que a axuda a explorar os seus medos e a comprender a súa identidade.


