Sinopse
Documental que nos achega a María Casares, unha muller cunha vida que quedou marcada pola guerra civil e o exilio a Francia. Viviremos a carón dela os feitos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida na que se cruzan figuras culturais de primeira orde. Comprometida e incansable no seu traballo, busca permanentemente propostas escénicas audaces e arriscadas que acabarán converténdoa nunha das actrices máis aclamadas do cinema e o teatro francés.