Sinopse
Ángela traballa como limpadora nun hospital; o seu marido faleceu por unha enfermidade relacionada co amianto mentres traballaba ao servizo dun home que autorizaba o seu uso coñecendo os efectos sobre os empregados. Anos despois do falecemento do marido de Ángela, ese home é hospitalizado por un derrame cerebral e ela ten a opción de seguir pensando na vinganza ou abandonala finalmente.