
4 de marzo ás 19:00h
Mariana, unha nena de catro anos, descobre o mundo a través dos ensinos da súa mestra, nunha das últimas escolas rurais na fronteira entre Galicia e Portugal. Os contos infantís mestúranse coas lendas e historias que aínda habitan o lugar. Entre relato e relato Mariana crece e aos seus dezasete anos confróntase a unha importante decisión, partir da súa aldea, separarse da súa nai para ir estudar ao estranxeiro

