
3 de marzo ás 19:00h
Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu o últimos vinte anos chega á súa casa e atópase todo patas para arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un mozo trans de 28 anos que, a pesar de estudar unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño.

