AO FINAL DA ESCAPADA (À  bout de souffle)

Sinopse

Michel Poiccard é un ex figurante de cine admirador de Bogart. Despois de roubar un coche en Marsella para ir a París, mata fortuitamente a un motorista da policía. Sen ningún remordemento polo que acaba de facer, continúa a súa viaxe. En París busca a Patricia, unha moza estadounidense de familia rica que aspira a ser escritora e vende o New York Herald Tribune polos Campos Elíseos; ela soña tamén con matricularse na Sorbona e escribir algún día nese periódico. Pensa que en Europa atopou a liberdade que non coñeceu en América. O que Michel descoñece é que a policía o está buscando pola morte do motorista.

**Esta versión restaurada en 4K da emblemática película de Jean-Luc Godard supuxo unha revolución no cine moderno e foi determinante na fundación da Nouvelle Vague. Preséntase en Codex despois de ter proxectado estas semanas a homenaxe que Richard Linklaker tributou ao seu autor co filme Nouvelle Vague.

Video & Foto

1 fotos

Carteleira

Mercar entradas
  • 18h00
  • 20h00
Mercar entradas
  • 20h00
Mercar entradas
  • 20h00