
Sinopse
Un director convoca ás súas actrices favoritas, coas que traballou e ás que amou. Quere facer unha película sobre mulleres, pero non revela gran cousa: obsérvaas, toma exemplo, inspírase, ata que a súa imaxinación as catapulta a outra época, a un pasado onde o ruído das máquinas de coser enche un lugar de traballo dirixido e poboado por mulleres, onde os homes teñen pequenos papeis marxinais e o cinema pode contarse desde outro punto de vista: o do vestiario.