Sinopse
Despois de 20 anos vivindo en Barcelona, Zeltia volta a Galicia para filmar a memoria do seu admirado tío Antonio, un artesán textil galeguista gai que viviu intensamente nos anos 80. Este retorno provoca o reencontro coa súa nai Socorro, unha muller moi conservadora á que Zeltia rexeitaba. O repentino empeoramento na saúde de Socorro cambia a mirada de Zeltia, que comeza un camiño de volta a casa complexo, pero tamén cheo de amor, coidados e sanación.
Carteleira
- 20h30